María Varela, unha vilagarciá campioa provincial
María Varela Piñeiro (Vilagarcía de Arousa, 4 de abril de 1990) vén de disfrutar a súa máis brillante fin de semana desde que hai catro anos se iniciaba timidamente no mundo do pádel. Xunto coa viguesa Patricia Vilas proclamábase nova campioa provincial na cidade olívica, para facerse tamén co Torneo Solidario No Estamos Solas na Coruña formando dúo coa xogadora profesional do Circuito do World Padel Tour Vanesa Alonso. Un novo paso adiante cara o gran soño de María Varela: «Entrar en unos dos años en el Cirucito del WPT, y mantenerme en él todo lo que pueda».
Talento, técnica e traballo de base non lle faltan á vilagarciá. Non en van, o seu currículo ofrece brillantes apuntamentos na súa etapa como promesa do tenis galego, deporte ao que se dedicou en corpo e alma entre os 9 e os 18 anos. Tras iniciarse na escola municipal das pistas de Fontecarmoa, e de continuar no C.T. O Rial, Varela pasouse con 12 anos ao C.C.D. Sanxenxo, chegando a converterse na número 1 do ránking cadete feminino de Galicia e desputando torneos internacionais en Austria e en Bangladesh. Pero, dicía onte a xogadora, «llega un momento en el que tienes que decidir si sigues o si estudias», un dilema que unha tendinite en ambas bonecas axudou a dilucidar con 18 anos.
Tres anos en «barbeito»
«Durante tres años no toqué una raqueta», lembra María. Ata que decidíu sacar o curso de adestradora de tenis que lle abríu as portas do C.T. O Rial como monitora -hoxe tamén o é de pádel-, ao tempo que unha tía a animaba a probar a practicar pádel. «Empecé a jugar en Caldas, en Condesa Sport», iniciándose co seu equipo a nivel federado. E «al venir del tenis tenía un montón ganado. Me dije, esto es un chollo», e «hace un año me puse en serio», sumándose ao Pádel Femenino Cíes de Vigo, un dos clubes máis potentes de Galicia, co que gañou a última Liga Sur da comunidade co primeiro dos seus tres planteis.
Patrocinada por Ana Vidal Nutrición, Tito Conservas e La Riviere, María atópase na procura dalgunha marca de roupa e de material deportivo disposta a colaborar con ela. Mentres, confía en que os seus últimos resultados lle abran a porta á súa primeira convocatoria coa selección galega.
Fuente de la información La Voz de Galicia