Tlf.: +34 986 505 198
29
06
2016

Jéssica Bouzas despídese da Summer Cup terceira cun punto decisivo no seu haber

Derrotou xunto coa balear Dami Edibson a parella turca Zeynep Sena e Melis Ayda desfacendo un 1-1 a prol de España

A vilagarciá Jéssica Bouzas completou onte en Mersin, Turquía, a súa participación na fase previa da Summer Cup, o Campionato de Europa de Verán Sub-14 sobre terra batida, acadando para España o segundo e definitivo punto co que esta se impoñía á selección anfitrioa na pelexa polo terceiro posto do Grupo D.

Fóra da final e das dúas prazas para o Master 8 que decidirá o nome do campión da Summer Cup en Italia, Bouzas e a balear Dami Edibson vencían 7-5, 4-6 e 2-10 a Zeynep Sena e Melis Ayda; completando a remontada iniciada por Edibson sobre Ayda (1-6 e 5-7) tras a derrota de Fiona Arrese ante Betina Tokac (6-0 e 6-1).

Fuente: La Voz de Galicia

Política de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en más información

ACEPTAR
Aviso de cookies